2020: Unhas Festas diferentes : 1809 a Batalla de Pazos de Arenteiro

O Concello de Boborás e a Asociación Cultural “1809 A Batalla” comunicaron xa o pasado 7 de maio a decisión de suspender a que sería a IV (cuarta) edición da festa “1809. A Batalla” que se ía celebrar o primeiro fin de semana de xullo en Pazos de Arenteiro, Boborás.

A alcaldesa Patricia Torres explicabanos que a crise do Covid-19 afectou o desenvolvemento normal dos preparativos desta festa, xa que nos meses previos era habitual levar a cabo os traballos de organización da mesma, que non só incluían a preparación das escenas, senón que tamén a adecuación e mellora do vestiario, a decoración e a programación, que dada a situación de confinamento foi imposible.

AVANTAR ACTIVIDADES

María Luisa Rodríguez, a encargada da loxística da festa contabanos que a edición deste ano, ademais dos postos de artesans, xogos populares e música tradicional, ía a ser unha edición mais didáctica coa participación de nenos na montaxe dun campamento francés e unha mini batalla. Coma sempre,

Dende a organización esperan que, agardando principalmente que todo volva á normalidade e se controle esta situación sanitaria, que canto antes se poida comezar cos preparativos do vindeiro ano, con máis forza se cabe.