Deputación de Ourense – Cooperación coa Univ. de Vigo

IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, celebraron na sede da Vicerreitoría do Campus de Ourense unha reunión de traballo na que analizaron as liñas de colaboración que veñen mantendo ámbalas dúas institucións, coincidindo que esta estratexia de cooperación “supón unha importante achega de valor para a provincia de Ourense”, expresou Baltar, salientando a fortaleza desta alianza en ámbitos como a cultura, a investigación, a formación, o medio rural e o Campus da Auga”.

OZOCOgz Deseño Galego

O presidente do goberno provincial lembrou o convenio anual de colaboración que asinan Deputación de Ourense e Universidade de Vigo, unha cooperación na que o pasado ano destacou a creación do Observatorio Internacional do Medio Rural, “que seguiremos a potenciar en 2020, e que serviu entre outras accións para desenvolver o congreso internacional do medio rural, en Santo Estevo de Rivas de Sil”.

Baltar salientou que apostamos pola promoción do Campus de Ourense “e así o reflicte a excelente relación que mantemos ámbalas dúas institucións para desenvolver proxectos de futuro que pensen no noso territorio e no desenvolvemento social e económico da provincia, cun obxectivo común: a calidade do ensino universitario e a capacidade de atracción do noso Campus, que é un motor provincial”, expresou o presidente.

Pola súa banda, Manuel Reigosa afirmou: “Estamos moi satisfeitos coa colaboración que mantemos coa Deputación de Ourense desde un Campus que pretendemos que se visualice como unha fortaleza do desenvolvemento da provincia”, dixo, agradecendo o apoio do presidente Baltar e da institución provincial ao Campus de Ourense.