Axudas para a promoción da Igualdade

A XUNTA INFORMA AOS CONCELLOS OURENSÁNS DA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE QUE EN 2019 SUPUXERON PARA A PROVINCIA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS

Publicidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicaron esta liña de subvencións cuxo investimento medrou nun 20 por cento respecto a 2019
Ao abeiro destas axudas subvenciónanse programas de fomento da conciliación, prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e apoio aos centros de información ás mulleres (CIM)
A convocatoria mantén un programa financiado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero