O Psoe denuncia a carta pola prórroga das axudas agroambientais

RP PSOE presupuestos

o portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, advertiu hoxe de que a carta enviada pola Consellería de Medio Rural aos beneficiarios de axudas agroambientais para anunciar a prórroga das mesmas ata 2020 “vulnera a normativa de protección de datos”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na que alerta de que a carta solicita datos persoais sen informar do tratamento que van recibir.

Pérez Seco apunta que o envío destas cartas “é o inicio dunha campaña máis de publicidade indirecta da Xunta de Galicia a poucos meses das eleccións autonómicas”. Aquela misiva, lembra, apelaba a unha suposta “información errónea” subministrada por algúns medios de comunicación, e solicitaba o número de móbil e o enderezo electrónico dos beneficiarios “co pretexto de posibilitar unha comunicación máis fluída”.

O responsable socialista lamenta que aquela carta, sen embargo, non explicara nada do acto público celebrado en Lugo en setembro de 2019, no que o propio persoal da Consellería asegurara que non habería axudas agroambientais en 2020. Tampouco explica, sinala, que “estas axudas non figuraban no anteproxecto de Orzamentos da Xunta para 2020”.

Publicidade Premer na Imaxe

Esta situación provocou varias críticas por parte das organizacións agrarias con representación no comité de seguimento do PDR, e “provocaron que a Consellería tivera que rectificar e o obrigaron a recuar” na paralización dunhas axudas que benefician a máis de 4.000 ganderías. Puntualizou que “non imos acusalo de non dar información veraz, vostede verá, o que si lle solicitamos é que coordine ao seu propio persoal”.