A Audiencia decretou o ingreso en prisión para os dous condenados polo asasinato do mozo Alexandru W. Boghiu

IES CHAMOSO LAMAS

A Audiencia Provincial ordenou o ingreso en prisión de Eduardo F.L. e Óscar E.L., os dous condenados polo asasinato dun mozo de 22 anos no coñecido como crime de ‘A Esmorga’. Permanecían desde 2016 en liberdade. Os culpables esperan agora a resposta ao recurso de casación que presentaron ante o Tribunal Supremo.

HIPER MASIDE

Os culpables esperan agora a resposta ao recurso de casación que presentaron ante o Tribunal Supremo.

Ambos xa estiveran en prisión preventiva en Pereiro de Aguiar despois de que cometesen os feitos. Eduardo F.L estivo no cárcere durante un ano e Óscar E.L. permaneceu durante un ano e dous meses.

O tribunal de xurado ditou o 7 de maio veredicto de culpabilidade por un delito de asasinato con aleivosía para os dous acusados, Óscar E.L. e Eduardo F.L. Agora a Audiencia impón as penas de 16 anos de cárcere, con circunstancias atenuantes, así como unha indemnización de máis de más de 100.000 euros a nai da victima