ABANCA impulsa o crédito dos autónomos de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

ABANCA impulsa o crédito dos profesionais autónomos de Ourense coa firma dun convenio con AEPA

  • ABANCA vén de firmar un novo convenio de colaboración coa Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA), amosando así o seu apoio aos empresarios, a través dun compromiso directo coa súa viabilidade e o seu crecemento en Ourense. O acordo foi subscrito esta mañá en Ourense polo presidente da asociación, David Martínez Alonso, e o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román.

Grazas a este convenio, o banco pon a disposición dos empresarios pertencentes á asociación un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

OZOCOgz Deseño Galego

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. Os profesionais e autónomos terán á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou corfirming segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou ABANCA Pay. Tamén o servizo ‘Appúntame’, para xestionar de maneira doada calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións tanto para eles como para os seus clientes.

Os profesionais tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes, así como dispor do Sistema Aplazos co que aumentar as súas vendas ao ofrecer a posibilidade de financiar compras de xeito sinxelo, rápido e económico; e o servizo Applázame, que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil.