Inscrición de voluntarios para os centros da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

IES CHAMOSO LAMAS

O programa “Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde 2020” é un proxecto de humanización que consiste na realización, por persoas voluntarias, de todo tipo de actividades de acompañamento e apoio aos usuarios/as dos centros sanitarios públicos.
O obxectivo principal é mellorar a experiencia do paciente no seu contacto coa asistencia sanitaria, e en paralelo, o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que participen na mellora do benestar das persoas usuarias. O voluntariado é unha canle de participación da sociedade na organización de saúde, coa finalidade de dar soporte, calidez e de sumar, para facilitar a estadía ou paso  das persoas polos centros sanitarios.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras temos un proxecto vivo, que irá crecendo e adaptándose aos voluntarios e ao que eles desexen compartir: o seu tempo e a súa experiencia, nas mais diversas tarefas, como a súa música, a súa língua, a súa cultura, o seu coñecemento das plantas, o seu maxisterio nas cousas do campo, a súa arte… todo terá acollida e será benvido, alí onde se precise, ou onde se adapte mellor ás posibilidades ou desexos dos e das voluntarias. No seu propio centro de saúde, nun servizo concreto do hospital que desexen  ou, porque non, acompañando a un grupo nunha andaina cardiosaudable.

HIPER MASIDE