Os deputados ourensáns do PP denuncian a desidia do Goberno socialista na tramitación da A-76

Publicidade

●      O Ministerio de Transportes non compromete data algunha para a licitación en 2020 das obras  nos tramos de A Veiga de Cascallá-O Barco e Villamartín de la Abadía- Requejo, malia que deberían estar xa licitadas.

●      Para os representantes populares, Ana Vázquez e Celso Delgado, “xa chegou o momento de que vexamos máquinas traballando nalgún dos tramos. Algo que é posible se houbera vontade política”.

Vencidos os primeiros corenta días de 2020, os deputados populares ourensáns no Congreso, Celso Delgado e Ana Vázquez, constatan a falta de dilixencia do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) e, de xeito particular, da Dirección Xeral de Estradas, pola falta de impulso e a dilación dos trámites da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada). Unha vía de comunicación “estratéxica e de enorme importancia para Valdeorras, O Bierzo, Ourense, Monforte de Lemos e, en xeral, para as comunicacións entre Galicia e Castela-León”, tendo en conta a notoria insuficiencia da N-120”, destacan os deputados.

Para os representantes populares, desde que o primeiro paso deste proxecto (2005) “pasaron máis de 14 anos e coidamos que xa chegou o momento de que vexamos máquinas traballando nalgún dos tramos. Algo que é posible se houbera vontade política”.

No 2019, lembran, esa posibilidade era máis viable, pero para logralo terían que se acelerar os trámites dos tramos A Veiga de Cascallá-O Barco e Villamartín de la Abadía- Requejo, para así licitar as obras, “algo que desgrazadamente non ocorreu”.