Senadores do PP de Ourense esixen ao Goberno de Sánchez melloras urxentes nas vías de titularidade estatal

IES CHAMOSO LAMAS

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández veñen de rexistrar un escrito no que poñen de manifesto o deterioro que están a sufrir as vías de titularidade estatal na cidade, e moi especialmente no barrio da Ponte, esixindo  que se executen obras urxentes de mellora. “A deixadez de funcións do Goberno de Sánchez á hora de arranxar o que é da súa responsabilidade e competencia é algo que afecta negativamente a outras administracións que, aínda que quixeran, non poden actuar nin acometer melloras en vías que non son da súa titularidade”, sinalan os senadores ourensáns.

OZOCOgz Deseño Galego

Tal e como detallan os senadores ourensáns no seu escrito, as rúas e viais afectados no barrio da Ponte e que son de titularidade do Goberno de España (responsable, polo tanto, da súa conservación, mantemento e mellora) son: avenida de Santiago, avenida de Marín, travesía N-120 (O Pino, Casardomato, Tarascón, Quintela de Canedo, Untes e Santa Cruz de Arrabaldo), travesía N-525 (ata o fin do termo municipal de Ourense), travesía Vía Vella (que discorre paralela á N-120 por O Pino), Eulogio Gómez Franqueira, Ponte Ribeiriño, Ponte Nova, Basilio Álvarez, Francisca Herrera, Vicente Risco e Río Arnoia (no tramo que aínda é de titularidade estatal).

Todos estas vías son de titularidade do Goberno e, polo tanto, os seus desperfectos (que provocan graves molestias á veciñanza do barrio da Ponte) deben ser arranxados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que dirixe José Luis Ábalos.

OUTRAS OBRAS NO RESTO DA CIDADE.

Aínda que é o barrio da Ponte onde máis vías de titularidade estatal se concentran, os senadores ourensáns tamén fixeron referencia, na súa petición de obras de mellora, a outras rúas e viais da cidade como son a avenida Castelao, Curros Enríquez e Otero Pedrayo (nos tramos que aínda son de titularidade estatal), as rúas Lemos, Velle e Ponte da Batundeira e avenida Ribeira Sacra (Peares e Monforte e o Viaducto Autovía Rías Baixas (A-52).

Os senadores piden a planificación prevista polo ministerio de dirixe José Luis Ábalos para a execución destas necesarias obras de mellora, cos seus prazos, así como o detalle dos traballos a executar e o orzamento de cada actuación.