Alianza entre a Asociación de Cidades Históricas Termais e a European Travel Commission

Publicidade ASPADISI

HIPER MASIDE

Manuel Baltar, presidente da EHTTA, reuniuse en Bruxelas co director executivo da European Travel Commission, Eduardo Santander, cuxa organización inclúe a 33 entidades nacionais de turismo e 14 membros da industria turística de Europa

Esta colaboración fortalece aos nosos territorios termais, porque permitirá estudar estratexias conxuntas para a promoción do binomio turismo-termalismo europeo en mercados afastados: América, Asia e Oceanía, ámbitos aos que o sector termal de Europa ten moito que ofrecer unindo os valores de historia, natureza e saúde explica Baltar

O acordo entre a EHTTA e a European Travel Commission (ETC) permitirá levar a cabo intercambio de experiencias en servizos e propostas turísticas termais e reforzará ás cidades e vilas termais na súa promoción dun turismo baseado en criterios de sustentabilidade, natureza e cultura termal , explica Manuel Baltar