O
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, solicitou ao Goberno do Estado, despois de asistir á reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en Madrid, que atenda as reivindicacións históricas” de concellos e deputacións en lugar manterse na ficción de quen non quere ver a realidade.
Neste sentido, Baltar móstrase a favor da creación por parte da FEMP dun grupo de traballo que estude a maneira de recuperar o IVE que o Goberno debe aos concellos, e considera que a inacción provocada polo executivo de Pedro Sánchez repercute de maneira negativa na economía municipal.
As entidades locais non son unha prioridade para o Goberno pero si para quen, día a día, estamos en contacto directo co ámbito local e provincial, destaca Baltar, e reclama solucións de urxencia para problemas de urxencia, que nada teñen que ver con estratexias de rédito electoral de quen non sabe diferenciar entre o que é gobernar un país e unha organización política.
