O Igape presenta as axudas á exportación na CEO

IES CHAMOSO LAMAS

Guillermo Viña adiantou a inminente apertura dunha oficina en Londres para axudar a paliar os efectos do Brexit a empresas galegas
Esta antena disporá de consultoría especializada en temas como aduanas ou fiscalidade para as empresas exportadoras
Estas axudas incorporan novidades como o Cheque Brexit ou a liña Galicia Exporta Dixital
Marisol Novoa considerou a estreita colaboración que ambas as entidades desenvolven para fomentar a internacionalización empresarial

HIPER MASIDE

Os programas de axuda que anualmente convoca o Igape para impulsar a internacionalización foron presentados na CEO, coa incorporación de liñas novas como o Cheque Brexit.

Guillermo Viña, subdirector de Internacionalización do Igape, quen valorou á CEO como un aliado histórico e fiel no apoio da internacionalización, foi o encargado de explicalas.

Pola súa banda, Marisol Novoa, presidenta da CEO, lembrou as accións que a Confederación emprende no ámbito da internacionalización, moitas delas co apoio do Igape que hoxe presenta estas axudas, xa que ambas as entidades temos a finalidade común de apoiar ás empresas galegas nos seus obxectivos de internacionalización.