Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

En breve comenzan as obras de mellora da eficiencia enerxética no Edificio Administrativo Xunta de Galicia da Avda. da Habana, 79 de Ourense. Estas obras consisten na instalación de luminarias con tecnoloxía LED, substitución da caldeira de calefacción existente e colocación de dobre ventá con vidros illantes en todo o edificio. Na avaliación de riscos realizada no ano 2019 da Xefatura territorial de Sanidade atopamos graves problemas pola deficiente iluminación dos postos de traballo e tamén problemas de frío/calor pola ausencia de un illamento correcto das ventás. Igualmente pasou no edificio de Villaamil y Castro no que se atopan traballadores da consellería do medio rural e do ISSGA. O mesmo pasa noutros centros de traballo da Xunta de Galicia na cidade de Ourense Ourense necesita un edificio Administrativo A Xunta presidida por Manuel Fraga elabora, en 1999, un proxecto denominado “Ourense cara ó novo milenio”, que tiña previsto o traslado do estadio de fútbol do Couto a una parte dos terreos de Bemposta. O proxecto incluía a construción dun centro administrativo único da Xunta en Ourense, como no resto de provincias, cunha superficie prevista de máis de 3.500 m2. No ano 2014, a Xunta de Galicia de Feijoo anuncia a paralización definitiva do proxecto de gran edificio administrativo nos terreos do campo de fútbol do Couto, unha actuación defendida nos anos 90 polo entón alcalde do PP en Ourense, Manuel Cabezas, e mais tarde polo goberno bipartito (PSOE e BNG) da cidade. Agora mesmo o que temos é un edificio administrativo “plural”. Os servizos e dependencias da Xunta están espallados en máis de 20 centros administrativos por toda a cidade. Todos con moitas deficiencias e carencias: locais sen luz natural, problemas de climatización, falta de espazo, humidades, vertidos, síndrome de edificio enfermo, sen medidas de emerxencia, con problemas de radon… Edificios que ademais incumpren a lei de accesibilidade universal. Ourense é a única capital de provincia de Galicia sen un edificio administrativo único que centralice os servizos. Cómpre un centro de atención aos cidadáns no que poidan presentar solicitudes, escritos e comunicacións, informarse acerca dos servizos ofertados ou recibir asistencia no uso de medios electrónicos os interesados que así o soliciten (tal como obriga a Lei 39/2015). Edificio Administrativo da Xunta en Ourense CIG-Autonómica Ourense – Parque de San Lázaro, 12 – 4º andar. Tel. 988 233 850 – Fax 988 222 855 – Email ourense@cigadmon.galVólvese a falar da necesidade dun edifico O 6 de novembro de 2018 Feijoo comunicoulle ao Concello de Ourense o obxectivo de acometer un “edificio singular” para albergar todos os servizos administrativos que presta a Xunta en Ourense: ”E para iso, os orzamentos do próximo ano xa recollen unha partida inicial que permita avanzar na súa tramitación…” E ahí quedou a cousa… Pasaron os meses e chegaron as eleccións locais e cambios na corporación local. O 22 de xullo de 2019, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha xuntanza co novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, falou dun “novo edificio da Xunta na cidade, que albergará todos os servicios administrativos que a Xunta presta en Ourense. Con todo, para construílo é preciso que o Concello ceda unha parcela, solicitude que trasladou ao rexedor para poder acometer este investimento que cifrou en arredor de 20 M€. “ Rematar cunha discriminación histórica que se prolonga no tempo. Non se pode deixar pasar esta oportunidade. Desde a CIG pedimos a Xunta de Galiza e ao Concello de Ourense que axilicen os trámites para a construción dun novo edificio administrativo que remate coa discriminación histórica da cidade de Ourense. Ademais acabamos de solicitar que fagan melloras da eficiencia enerxética en todos os centros de traballo da Xunta de Galicia no concello de Ourense.