Valoración positiva do traballo realizado por Valoresc e Cimo

IES CHAMOSO LAMAS

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, salientou o traballo realizado por Valoresc e CIMO para fomentar a inclusión sociolaboral en Ourense. Fíxoo esta mañá logo de realizar senllos encontros con representantes de ambas entidades nas súas instalacións na cidade das Burgas.

Arturo Parrado visitou primeiro a ONG Valoresc onde mantivo unha reunión con representantes desta asociación para coñecer de primeira man os programas que están a realizar e tamén as diferentes propostas para mellorar o apoio ás persoas en situación de risco que axudan. Esta ONG púxose en marcha no 2003 e desde ese ano desenvolve diferentes iniciativas en eidos como o voluntariado, o emprego ea formación.

Despois, o director xeral de Inclusión social visitou a sede de CIMO onde tivo a oportunidade de compartir opinións cos usuarios que na actualidade participan nun programa para impulsar o emprego.

CIMO, ao igual que Valoresc, é unha ONG que traballa en eidos como o fomento do emprego, a participación da sociedade a través do voluntariado e a formación para axudar ás persoas máis vulnerables a mellorar os seus coñecementos e habilidades que os axudarán na busca dun traballo.