O Concello solicita o 5º programa de emprego

O Concello do Carballiño vai solicitar nos próximos días o seu quinto Programa Integrado de Emprego, despois dos éxitos dos 3 programas anteriores nos cales se chegou ao obxectivo de inserción previsto (2016 con 60 persoas atendidas, o 40%) (2017 con 85 persoas atendidas, o 60%) (2018 con 100 persoas atendidas, o 42%).

Neste momento estase levado a cabo a formación do 4º programa integrado de Emprego do Concello do Carballiño 2019/20 con 100 participantes, terminados os cursos de manipulador de alimentos e alérxenos, e o de alfabetización dixital avanzada, no mes de febreiro.

Publicidade Premer na Imaxe

O próximo mes de marzo comeza a formación de Carretilla elevadora (70 persoas anotadas) a partir do día 2, con teoría e práctica (con moitas saídas profesionais) ao contar no Concello do Carballiño cun polígono industrial con moitas empresas que demandan esta formación.

Desde o 9 de marzo impartirase a formación do itinerario de “Servizos” no que están anotadas 43 persoas, cos cursos de Atención ao cliente 30 h (9 ao 16 marzo) e Marketing Dixital 70 h (17 ao 31marzo), na casa da Cultura e na Aula Cemit do Concello.

O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño atendeu a máis de 600 persoas desde a súa posta en marcha en 2016 (251 dese primeiro ano aos 489 do 2018), acadando durante o ano 2019 o rexistro de 410 personas atendidas neste departamento. Conta cunha bolsa de emprego, actualizada a principios deste ano 2020, e a data de hoxe, suman 398 persoas inscritas. Calquera persoa pode presentar a súa candidatura na bolsa, traendo un currículo actualizado, ademáis facilitaselle listados de empresas, portais de emprego, e información sobre a oferta formativa e laboral. Ademáis O Concello conta coa colaboración de varias empresas de traballo temporal, como son Eurofirms, Adecco e Nexo8. Tamén poden seguir a páxina de Facebook “Servizo de Orientación Laboral-Concello do Carballiño” onde diariamente cólganse ofertas de emprego, cada venres publícanse o Boletín de ofertas atopadas durante toda a semana.

Neste departamento traballan 5 persoas e non supoñen ningún custo ao Concello, porque a metade finánciase cun convenio coa Xunta (plan Iobe) e o resto co Programa Integrado de Emprego de Galicia. O concelleiro de Industria, Emprego e Dinamización Turística, Manuel Dacal, destaca que “é un servizo moi necesario para poder axudar a atopar traballo nas diversas empresas do Carballiño, e así reducir a taxa de paro, o datos están claros, xa que pasado dos 1.444 parados no ano 2015 aos 851 no mes de xaneiro 2020.”

Queda pendente de impartir dentro do Programa Integrado do Concello do Carballiño 2019/20 a formación do Certificado de Profesionalidade de Sociosanitario, e as formacións específicas en Orientación Laboral (que saíron a licitación pública). Nas próximas semanas sairá a licitación a formación de industrial no perfil do contratante do Concello, na sede electrónica.