O Psedg Psoe de Ourense denuncia o plan de investimento do PP e DO

IES CHAMOSO LAMAS

O Grupo municipal socialista denuncia o “desmantelamento” do Plan de Investimento 2016-2017 que están a realizar o Partido Popular e Democracia Orensana e a imposición dun “Plan de obras a medida” roubando a voz aos veciños e aos grupos políticos. O Plan de investimentos contaba cun importe de 13 millóns de euros e no que en 4 anos “soamente foron capaces de executar un 5% durante o 2018” tal e como figura no informe de intervención, segundo asegura a vicevoceira socialista, Natalia González. Nese mesmo informe figura que no ano 2019, coa chegada ao goberno de PP e DO, xa non existe nin sequera porcentaxe de execución debido “non fixeron os deberes” e “non se fixeron as modificación de crédito para por en marchas as obras pendentes”.

Dende o  PSdeG-PSOE requiriuse en varias ocasións a información para coñecer qué se ía a facer con Plan de investimentos do PP e o concelleiro de infraestruturas, Miguel Caride, “comprometeuse a celebrar un monográfico”  que a día de hoxe “non se celebrou” e no seu lugar, despois de “varios paripés asinando convenios coa Deputación Provincial” para executar as obras pendentes,  propón realizar un novo plan de investimentos- Plan Ourense- “a medida” , sen unha comisión de seguimento na que se inclúan o “consenso” cos partidos da oposición e sen contar cos veciños das federacións e as asociacións e o cal deixaría nun limbo as obras que están sen realizar do antigo plan. Mentres, por outra banda, o concelleiro de Medio Rural, Jorge Pumar, presenta outro o  “Plan +rural” do que non se coñecen nin as obras nin os investimentos Dous plans que non contarían nin cos veciños para que presenten as súas necesidades, nin co apoio político para levar adiante as obras deixando unha cidade chea de fochancas e co desmantelamento do rural.

A concelleira socialista recorda que o primeiro Plan de Investimentos do Concello realizouse por iniciativa socialista durante o mandato 2011-2015- co goberno en minoría- e foi aprobado co apoio do PP. No 2015 coa chegada ao goberno de Jesús Vázquez o PSOE apoiou o Plan 2016-2017 e participou activamente na Comisión de seguimento do plan de obras, o cal contaba con tódalas propostas das federacións veciñais. González denuncia a “falta de dilixencia do Partido Popular para levalo adiante durante estes anos” e a incapacidade de xestionar o diñeiro das arcas municipais.

O voceiro, Rafa Villarino, puxo de manifesto que o “traballo serio” realizado durante anos polo partido socialista colaborando cos veciños está a ser aniquilado por un Partido Popular “letal para Ourense” que foi “incapaz de xestionar a cidade durante 4 anos” e que agora está a facer “o mesmo” mantendo a un alcalde de DO que “é unha sucursal do PP” e o cal realiza unha xestión da cidade baseada nos “golpes de efecto para a súa televisión”. Villarino explica que ao PP xa non lle valen xa os trucos para que non se realice a execución do plan de obras e o que fan é enganar á xente e converter as súas promesas electorais en fume como as de Feijóo con Ourense durante o pasado mandato.