A zona de proxección será na Praza Maior da vila.

A proxección este xoves, 23 de xullo, da película María Solinha, que terá lugar ás 22,30 h., na Praza Maior, obliga a pechar ao tráfico o tramo da rúa Aldara entre a Praza do Cercis e o concello, debendo usarse a ruta alternativa da rúa Caridade.

A proxección realizarase nunha pantalla de grandes dimensións que se montará fronte á fachada do concello, polo que é preciso cortar este tramo da rúa Aldara. O corte efectuarase entre as 18,00 e as 01,00 h.

Así mesmo, a parte central e inferior da Praza Maior quedarán acotadas para instalar as sillas, que se colocarán a 1,5 metros de distancia cada unha co obxectivo de gardar as medidas de separación previstas na normativa de prevención e seguridade polo covid 19. Será obrigatorio o uso de marcarilla para acceder ao recinto e haberá un dispensador de xel á entrada para lavar as mans.

O acceso ao recinto para asistir á proxección será ás 22,15 h.