Aínda que hai distintas versións sobre quen foi o que tivo a idea de facer a primeira Festa do Pulpo hai coincidencia que os ideólogos foron Ramón Valeiras, Felipe Luis López e Luis Padrón (Periodista, sobriño de don Evaristo).

Felipe Senén ( fillo de Felipe Luis López ) comentou o seguinte : “Era época franquista, máis a festa naceu como un apéndice , como romaría das Festas Maiores do Setembro (1964), aberta a todos, mesmo organizada por iles e servida por familiares, eu mesmo, o Penedo, fillos de concellais e empregados do Concello. Argimiro Marnotes de 1977 -1991, impulsaría máis a festa.

Certo que o Parque sempre se usou pra merendas, comidas de grupos….pero a festa como tal aparece no programa de festas do 1964, onde FelipeLuis Lopez, tiña unha parte escenográfica e organizativa importante.”

Polas crónicas do periodico ” La Noche ” podemos ver a información sobre a primeira Festa do Pulpo

Felipe Senén fixonos chegar recortes da ” Región ” dando conta do evento

Nunha entrevista que lle fixo “A Voz de Galicia ” a un dos fundadores da Festa, Felipe Luis López no ano 1994 conta anecdotas da mesma e sobre todo dos carteis da mesma xa que el foi durante moitos anos o seu creador. Unha vez falecido tomou o relevo o seu fillo Felipe Senén

ENTREVISTA a FELIPE LUIS LÓPEZ

Nunha crónica publicada na Voz de Galicia o 15 de agosto de 2001 a periodista Susana  Pérez comenta circunstancias do nacemento da festa

ARQUIVO

No final da crónica Susana Pérez comenta ” Muchas han sido las anécdotas, entre las que destaca el año que se adelantó la edición por un error de impresión del cartel “

Efectivamente. Se a primeira festa foi no ano 1964 neste 2020 tocaria a edición 57 e non a 58 como estaba anunciada.

O que sucedeu foi que no ano 1994 celebrouse como lle correspondia a edición nº 31, pero o seguinte ano 1995 celebrouse a edición nº 33 . A causa desto foi un erro na impresión do cartel. O caso é que non se modificou e asi quedaron as cousas.

Unha proposta poderia ser a recuperación cando as condicións o permitan da edición nº 32 que non se celebrou.