Florencio Gullias Barros, expresidente do Centro Gallego de México, faleceu onte, martes 11 de agosto, ós 67 años de idade na cidade de México a causa do virus Covid-19. Gulías Barros naceu en Beariz, no Carballiño, no ano 1953 e foi presidente desta entidade entre 2014 e 2019. Esta asociación quixo mostrar as súas condolencias pola perda dun dos seus dirixentes durante cinco anos.

Durante os cinco anos que estivo ó fronte desta institución, realizou importantes cambios coma a mellora das instalación da entidade e a dinamización cultural e deportiva. Ademáis, foi el mesmo quen incorporou á Xunta Directiva do Centro Galego de México ó actual presidente, Alfonso Martínez.

Florencio Gulías vivíu máis de cincuenta anos en México, deixando a súa vila natal ós 13 anos. Aínda así, regresaba polo menos dúas veces ó ano a Galicia, onde tamén pasaba as súas vacacións.

Para a súa familia este é o segundo golpe en pouco tempo, xa que fai dous anos o cuñado de Florencio Gulías, José González, natural de Montes, O Carballiño, foi asesinado en plena rúa tamén na cidade de México.