coronavirus

GALICIA PRESENTA UNHA XORNADA CON 21 CASOS ACTIVOS NOVOS, ESTABLECENDO A CIFRA EN 4.322

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 (21+) deles 1.237 son da área da Coruña, 781 da de Lugo, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 181 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas, rexistrándose 696 falecementos.

OURENSE

A Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras presenta hoxe máis altas ca contaxios. Deste xeito, hai activos a día de hoxe 500 (3-) casos positivos. Do total desta cifra, 38 están ingresados en planta, 4 pacientes nas UCI e 462 a seguimento a domicilio.