Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353 (-99 dende o venres) deles 743 (75+ dende o venres) da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 32 (=) están en UCI, 210 (=) en unidades de hospitalización e 4.111 (-99 dende o venres) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 (732+ dende o venres) persoas curadas, rexistrándose 731 (5+) falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.

OURENSE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 743 (15+) casos activos de coronavirus; deles, 59 (83+) están ingresados, e 5 están na UCI.