GALICIA REXISTRA UNHA BAIXADA DE 56 CASOS ACTIVOS CON RESPECTO Á XORNADA DE ONTE, CON 4 PACIENTES MENOS EN UCI

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.297 (-56) deles 756 (13+) da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 28 (-4) están en UCI, 212 (+2) en unidades de hospitalización e 4.057 (-54) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.744 (+210) persoas curadas, rexistrándose 736 (5+) falecementos.

OURENSE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 756 (13+) casos activos de coronavirus; deles, 64 (+5) están ingresados, e 6 (1+) están na UCI.

RIBEIRO

Onte, o concello de Ribadavia informaba da existencia de 4 novos casos positivos de COVID-19, polo que o número total de casos activos ascende a 12. Todos estes veciños están sometidos ás medidas e protocolos sanitarios e de seguridade que ditan as autoridades sanitarias. Segundo afirma o alcalde, a situación está controlada e non supón ningún risco para a veciñanza.