GALICIA REPUNTA O NÚMERO DE CASOS CON 346 POSITIVOS NOVOS, CHEGANDO ÓS 4.680 EN TODA A COMUNIDADE

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.680 (+111). Falamos hoxe de 346 novos contaxios na comunidade, con incrementos en todas as áreas salvo Pontevedra.

Do total de pacientes positivos, 41 (-1) están en UCI, 231 (+8) en unidades de hospitalización. Rexistrándose 808 (+5) falecementos.

A PROVINCIA DE OURENSE VOLVE A REPUNTAR, SUMANDO DE NOVO 81 NOVOS CASOS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 1.601 (+9) casos activos de coronavirus; deles, 92 (12+) están ingresados, 13 (+1) están na UCI. Estes datos reflicten que os contaxios repuntan nesta xornada, pasando dos 61 novos de onte ós 81 novos de hoxe.