Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 323 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 8.669, unha cifra que descende con respecto á fin de semana e que amosa unha tendencia á baixa dende a pasada semana. Hoxe hai 100 (-1) persoas na UCI, e 1.146 falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 16 casos novos confirmados por PCR e 42 altas. A cifra total baixa 27 casos con respecto a onte, situándose nos 637. Os hospitais reducen un pouco a presión.  Os hospitalizados son 70 persoas, 10 en UCI e 60 en planta, unha das mellores cifras das últimas semanas.