Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 327 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 8.617, unha cifra que descende con respecto á fin de semana e que amosa unha tendencia á baixa dende a pasada semana. Hoxe hai 96 (-4) persoas na UCI, e 1.161 falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 21 casos novos confirmados por PCR. A cifra total baixa 10 casos con respecto a onte, situándose nos 627. Os hospitais reducen un pouco a presión.  Os hospitalizados son 67 persoas, das que 9 están na UCI, unha das mellores cifras das últimas semanas.