Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 521 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 8.638, unha cifra que se incrementa con respecto á xornada de onte. Hoxe hai 97 (+1) persoas na UCI, e 1.170 (+9) falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 29 casos novos confirmados por PCR. A cifra total baixa 19 casos con respecto a onte, situándose nos 608. Os hospitais reducen un pouco a presión.  As cifras de hospitalización tamén baixa, dos 76 ós 65 pacientes; deles, 8 están na UCI e 57 en planta. Trátase dunha das mellores cifras das últimas semanas. O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, avanzaba hoxe que Ourense podería levantar pronto as restricións grazas a estes datos.