Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 441 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 8.452, unha cifra que descende con respecto á xornada de onte en 127 persoas. Hoxe hai 93 (+1) persoas na UCI, e 1.179 (+6) falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 16 casos novos confirmados por PCR e 57 altas. A cifra total baixa, situándose nos 533, o mellora dato das últimas semanas e actualmente de Galicia. Os hospitais reducen un pouco a presión.  As cifras de hospitalización tamén baixa, con 62 persoas hospitalizadas; deles, 7 están na UCI e 555 en planta. O conselleiro comité clínico tomou hoxe a decisión de flexibilizar as restricións en San Cibrao e Toén. Ourense polo de agora segue cas mesmas medidas, a pesar da boa tendencia á baixa das últimas semanas. A Xunta adiantaba esta semana que poderían rebaixarse as medidas de cara a semana próxima.