Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 639 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 6.700, unha cifra que ascendeu nos últimos dous días en preto dun millar. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 57 (+1) persoas na UCI, e 362 (+20) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Contamos con 71 casos novos confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra sobe en 30 casos activos con respecto a onte, ata os 764 casos, encadeando o quinto día consecutivo de ascenso. Os ingresos nos hospitais tamén ascenderon, contando hoxe con 32 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 2 están na UCI. Estas cifras e o seu ascenso son xa algo esperado polos profesionais sanitarios.