Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 719 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 8.810, unha cifra que ascendeu con respecto a onte en máis de 600 casos activos. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 70 (-1) persoas na UCI, e 421 (+24) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Contamos con 98 casos novos confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra sobe nun centenar con respecto a onte, ata os 1.140 casos, encadeando un ascenso xa preocupante. Os ingresos nos hospitais ascenden tamén, aínda que de xeito moderado, contando hoxe con 48 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 4 (+1) están na UCI.