Marmotas en EEUU

O Día da Marmota é un método folclórico usado polos granxeiros de Estados Unidos e Canadá para predicir o fin do inverno, baseado no comportamento do animal cando sae de hibernar o 2 de febreiro.

Segundo a crenza, se ao saír do seu tobo a marmota non ve a súa sombra por ser un día nubrado, deixará o tobo, o cal significa que o inverno terminará pronto. Pola contra, se a marmota «ve a súa sombra» por ser un día asollado e métese de novo no tobo, iso significa que o inverno durará seis semanas máis.

O Día da Marmota sinala (aproximadamente) a metade do período entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera (de forma similar á festa de Halloween, que sinala a metade do período entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno)

NOTA : información recollida na páxina web de WIKIPEDIA

2 de febreiro ” Día internacional dos Humedales “

Clic na Imaxe

SANTORAL :

Hoxe 2 de febreiro : Santa Aída e Santa Candelaria

UTILIDADES : Boletíns Oficiais  DOG, BOP, BOE   

Clic na Imaxe