O Día Mundial dos Humidais celébrase o 2 de febreiro desde 1997​, en conmemoración da firma do Convenio sobre os Humidais en Ramsar, Irán, o 2 de febreiro de 1971.

Este convenio é o primeiro tratado no planeta relativo á conservación e o uso racional dos humidais. A lista Ramsar inclúe —ata 2019— 2341 sitios designados cubrindo unha superficie de 252 479 417 ha en 170 países

A importancia dos humidais reside en que son ecosistemas con gran diversidade biolóxica, reguladores do ciclo da auga e do clima, xeradores de recursos hídricos para abastecemento de auga doce e constitúen zonas de uso para actividades humanas como o turismo e a pesca. Os humidais contribúen na regulación do ciclo da auga, no control de inundacións e secas, na provisión de auga e como refuxio de vida silvestre.

Os tipos de humidais incluídos na lista son áreas naturais de pasteiros húmidos, turberas, pantanos, marismas, lagos, ríos, estuarios, deltas, baixos de marea, zonas mariñas costeiras, manglares, arrecifes de coral, ollos de auga , e sitios artificiais como estanques piscícolas, arrozales, encoros e salinas.3

España adheriuse a este convenio en 1982, e máis de medio centenar de humidais españois inclúense dentro deste convenio, entre eles o Parque de Doñana, as Táboas de Daimiel, o Delta do Ebro…

NOTA : Información recollida nas páxinas web

Wikipedia e diainternacionalde.com

2 de febreiro : ” Día internacional da marmota “

Clic na Imaxe:

SANTORAL :

Hoxe 2 de febreiro : Santa Aída e Santa Candelaria

UTILIDADES : Boletíns Oficiais  DOG, BOP, BOE   

Clic na Imaxe