A empresa Frigoríficos Arcos, ubicada no polígono industrial do Carballiño, é a pioneira en implementar este sistema de venda innovador utilizando un produto tan tradicional. O pulpo envasado ó baleiro chega a case todos os puntos de España e aoutros 20 países de todo o mundo, levando con el a tradición pulpeira oriunda do Carballiño. Este sistema de cocción supuxo para a empresa preto de dous anos de probas para encontrar o punto xusto de sabor e textura, ca idea de que fose o máis parecido posible ó produto recén sacado da caldeira ó prato.

Badal TV ofrécelles unha reportaxe na que esta empresa nos explica ó detalle todo o proceso, dende o mar ata o envase que chega as nosas casas e á hostalaría.