7 de febreiro : “Día Internacional de Internet Seguro (Safer Internet Day) “

O segundo martes de febreiro celébrase o Día Internacional da internet Segura co obxectivo de promover a necesidade de ter unha Internet máis seguro sobre todo para os nenos, nenas e adolescentes.

Orixinalmente foi o Safer Internet Day e foi proposto en 2004 pola UE dentro do proxecto SafeBorders e adoptado pola rede Insafe. Desde entón estendeuse e actualmente celébrase en máis de 100 países de todo o mundo. Insafe é unha rede europea de centros que promoven unha internet máis segura, desde 2016 bautizada como Better Internet for Kids.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada ano desde a páxina oficial deste programa (en inglés) proponse un tema sobre o cal reflexionar baixo a idea de que “Xuntos podemos facer unha Internet mellor”. Existe tamén un mapa que mostra todas as iniciativas a nivel mundial e permite rexistrar actividades propias. Tamén ofrece recursos formativos para os mozos e as súas familias. O proxecto tivo unha web en español ata o ano 2014.

Máis información en diainternacionalde.com