Natural de Verín, no curso 1988/89 incorporouse ao cadro de persoal do IES Nº1 (o de Señorín) e integrouse no Departamento de Lengua y Literatura Española, xa que esa era a súa especialidade.

O que en principio ía ser un destino de paso converteuse en definitivo e, durante 29 anos, impartiu docencia ata a súa xubilación en xuño de 2017.

De carácter afable e extravertido, sentía paixón pola súa profesión e polo seu alumnado no cal deixou pegada. Presumía de carballiñesa e probablemente foi a mellor embaixadora que tivo o instituto. Aínda xubilada tiña contacto, ben persoalmente ou a través das novas tecnoloxías, con ex-alumnos/as, e sempre amosaba interese por como lles ían as cousas e aconsellábaos/as para que fosen mellores persoas.

Este pasado sábado, día 16 de xaneiro, deixounos definitivamente, pero tanto nos centos de compañeiros e compañeiras como no ex-alumnado quedará o seu recordo.

—————————————————————————————————–

MENSAXES DE RECORDO

Gracias por tu maravillosa amistad durante tantos años que siempre nos parecerán pocos. Hasta siempre.  Camilo y María José 


Amiga,”hermana”, diste tanto que así de pronto te agotaste.
Las lágrimas me están lavando la herida,pero la cicatriz permanecerá siempre.
Te quiero!!! Marian.


La profesión nos unió Mercedes, y nos condujo por caminos paralelos, llevándonos a formar una  Gran Familia en el IES Nº1 compartiendo momentos, inquietudes, alumnos, cariño,valores , profesionalidad , mostrándote una gran compañera y AMIGA, dejando una huella imborrable en tod@s ” PODRÁS ESCAPAR DE NUESTRA VISTA, JAMÁS DE NUESTROS CORAZONES.” Pilar Caballero


O teu compromiso coa ensinanza pública e a túa profesionalidade e xerenosidade , sempre permanecerán na memoria dos que compartimos contigo as aulas do IES Nº 1 do Carballiño. Ata sempre, MERCE. José Antonio


Hoxe fago miña esta frase de Mario Benedetti :  “No sé por qué, pero hoy me ha dado por extrañarte, por echar de menos tu presencia”.  Irene


Eu sempre pensei que as nosas vidas se escriben día a dia coas vivencias que temos. Sempre podemos repasar as follas do libro e desfrutar das lembranzas, vivir dúas veces. A amizade é de sempre o meu sentimento máis profundo e por iso é polo que gusto de dicir que “os amigos son como as estrelas, non as podemos ver tódolos días, mais sabemos que están sempre connosco”. Xulio


A mi profe del alma: Hay personas que tocan tu alma, y se quedan para siempre en tu corazón. Tú eres una de ellas.Una profesora cercana, paciente hasta el infinito y con tanta fe en nosotros! ( “!Es que sois un grupo maravilloso!”, siempre decías. Lo que no sabes es que era tu mirada generosa, brillante y llena de curiosidad y vida, la que nos convertía en seres maravillosos.)Agradezco a la vida la suerte de haberte conocido. Como dice la canción, “Tanta gente …y coincidir”, pero te has ido demasiado pronto …Siempre en mi corazón. Nati


Ana

Fueron 4 años que te tuve de profesora y entre ellos algunos de tutora, siempre con tiras y afloja, pero siempre con un cariño y respeto mutuo. Qué duda cabe Mercedes, de que tu paso por el mundo fue excesivamente rápido, fugaz, sin tiempo a disfrutar muchos de los planes que me comentabas en la última comida que tuvimos en el IES aquellos que hacía ya 25 años que no estábamos, pero la llama y el recuerdo que dejas encendido es inapagable. Gracias Mercedes. Descansa en Paz”. Celso Carballeda Santos


“Coñezo poucas persoas con tanta vocación polo ensino e pola vida. Un cóctel perfecto de xenerosidade infinita, compañeirismo protector,  cariño sen límites,  profunda sabedoría, paixón polo alumnado, sobre todo aqueles que quedaban rezagados e  necesitaban unha clase extra no recreo. Coa túa sensibilidade e a capacidade de estar atenta e pendente de todos/as, sabías onde eras necesaria e alí aparecías cun sorriso,  a colaborar no que fixera falta. Durante anos notei a túa cálida amizade atravesar as paredes que separaban os nosos departamentos, ambas atafegadas de morfemas, oracións atributivas e metáforas polipétalas. Sei que a túa delicada semente frutificou xa nos centos de homes e mulleres aos ensinaches a amar a literatura e a vida e que te levarán para sempre no corazón como eu te levo.”


“Grazas por transmitirnos con dedicación e cariño as túas ensinanzas. Non te vas porque tanto ti como o coñecemento transmitido con entusiasmo e entrega permaneceredes para sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns” Emilio Cabo. Exalumno


“DESCANSA EN PAZ, MERCEDES” Rodrigo


Coñecín a Mercedes en terceiro de BUP, recén chegada ao itinerario de Letras logo de librarme das odiadas Matemáticas. Foi ela a que me ensinou a entender, interpretar e amar a literatura.  A min, que agora escribo libros e ensino a entender e interpretar o pasado. Nunca poderei pagar o agasallo da súa  amizade até o último alento. Mercedes, o teu 3ºC 96/97 vaite estrañar. Pero sabemos que estás en cada libro que nos ensancha a alma, en cada metáfora que nos estremece. Foi unha honra.  Grazas por tanto, grazas por todo. Laura Novelle, exalumna do IES nº1 e profesora de Historia na Universidade de Vigo


“Que fácil parece escribir y que difícil se vuelve en estas circunstancias, tu partida Mercedes, sin duda fue algo que no esperábamos, pero queda en cada uno de nosotros, los que fuimos tus alumnos, lo más valioso que nos entregaste tus enseñanzas que siempre pondremos en práctica. Gracias por los años compartidos. DEP.” Lourdes Mª Carballeda Santos.


“Tiven a sorte de ter non só unha profesora de literatura senon unha verdadeira mestra. Sempre preocupada e ocupada dos seus alumnos, Mercedes era e sempre será para min dises mestres, disas persoas que non pasan pola miña vida senon que sempre quedan comigo, na miña mente pero tamén no corazón.” Alfredo Prada


Quixera lembrar a Dona Mercedes con cariño e afecto. Nunca me deu clase pero entre os seus alumnos nunca escoitei palabra fea dela. Cando coincidiamos, sempre un saúdo e bo semblante. Que a terra lle sexa leve!! Unha aperta á familia e amigos!! D.E.P. José Luis Crespo


Quero aportar unhas palabras de agradecemento a unha gran profesora e mellor persoa que influiu moito en min  axudandome a ser a persoa que son hoxe en día. Isa


Dicen que es de “biennacidos” ser agradecidos, pues eso. A lo largo de la vida de las personas, hay gente que allí nace y muere y gente que está de paso, algunos son como una sombra, se van sin más.  Pero otros dejan impronta.El tiempo me ha enseñado a valorar de aquel otro tiempo, la importancia que tuvo gente como Mercedes en la vida de gente como uno, en su empeño férreo por tratar de mejorar nuestro futuro. Sin duda por ello, deja su huella entrañable en un rincón de nuestra memoria. Cesareo


Grazas, Mercedes, por me ensinares a amar a literatura, como a tantísimas compañeiras e compañeiros, e por me animares a escribir nunha das etapas máis belas da miña vida.Lembrareime de ti cando relea Luces de bohemia, cando estea nunha sala de cinema ou cando vaia ao teatro. Gabriel Álvarez


Se fose capaz de resumir nunha palabra o que quixera dicirlle a Mercedes esta palabra sería GRACIAS. Pola túa xenerosidade ,polo entusiasmo que poñías no teu traballo, pola túa sensibilidade, polos momentos compartidos…Como creo que ninguén se vai mentras o recordemos eu dígoche, querida Mercedes, ATA SEMPRE, COMPAÑEIRA Ana Isabel


“Para nosotros, la cultura ni proviene de energía que se degrada al propagarse, ni es caudal que se aminore al repartirse; su defensa, obra será de actividad generosa que lleva implícitas las dos más hondas paradojas de la ética: sólo se pierde lo que se guarda, sólo se gana lo que se da» A. Machado. Grazas, Mercedes.


Poema de Gabriel Celaya enviado por Trini

Teño moitos recordos dela, pero o mais auténtico e cando aprobei Selectividade, eu ía camiñando pola Avenida Julio Rodríguez Soto, á altura da tenda do Camilo da Viuda, e ela ía no coche con Carlos, e mandoulle parar o coche, baixo, cruzou a rúa e veume felicitar cun enorme abrazo. É para recordar con cariño ou non?? Descansa en paz Mercedes. Pili Paz


Siento muchísimo su pérdida, para mí fue una docente excelente, gran persona, que alentó muchísimo mi afición lectora. Un abrazo a su marido, mi profe también. Patricia Celta.


Ninguén nin nada nos pode arrebatar o recordo e o recordo que teño de Mercedes é moito máis ca o dunha profesora de Lingua Castelá: é o recordo dunha muller con moita gana por transmitirnos o complexo dunha forma sinxela, unha muller que se preocupaba polo que había detrás daquelas adolescentes, unha muller coa que sempre tiven un vínculo especial. Así como nós nos levamos de ti a túa amabilidade, paciencia e sabedoría, espero que ti te leves de nós todo o agarimo co que sempre te recordaremos. (Por Nazaret Pedrouzo González, exalumna).


Para una profesora especial como profesora y compañera 


Hace ocho años llegué, ahí estabas tu. Dicen que la cultura, la música, la pintura, la moda … son arte pero, por encima de esas artes está el arte de amar, de amar la vida y sobre todo la capacidad de transmitir su aprendizaje.
Gracias por peinar mi alma y por confirmar que en esta rueda que gira hay personas que se marchan y que se quedan. Hasta más tarde Mercedes.
Arancha.


Como dixo Machado, todo pasa e todo queda. O teu recordo queda no meu corazón e o de todos os teus alumnos. Irene Álvarez Martínez



2º BUP…Ser adolescente, encherte a boca con que queres facer Periodismo…que a túa profesora de Lingua Española che escoite: “Con tu expediente no puedes, Tania”. Invasión de rabia…”Pero quen es ti para decirme o que non podo facer?”. Subida progresiva de notas…COU: Volvemos a atoparnos. Ese 8,75 no último exame: “A buenas horas, Tania. Pero enhorabuena”.Grazas por esa labazada de realidade, Mercedes. Como ben me dixeches non hai moito, alguén tiña que decirmo.Grazas por provocar a miña superación. Non son Periodista frustrada, senón unha Psicóloga satisfeita. Tania Rodriguez Canitrot



Querida Mercedes: a parca, tan desagradecida como envexosa e traizoeira, non consentiu que, xunto a Carlos, puideras gozar dun tan merecido lecer activo despois da ardua batalla profesional librada durante tantos cursos. Se nas aulas a túa vocación, compromiso e preocupación polo alumnado foi constante, xa fóra daqueles límites vimos como se mantiñan vixentes nos encontros cotiáns: non podía ser doutro xeito nesa actitude túa tan xenerosa como vital, e coa que ao longo dos anos ti e máis Carlos me honrastes. Por iso, aínda que te nos foras a eses lugares ignotos, querida Mercedes, ten por seguro que a túa memoria permanecerá sempre viva en nós, reactivada en cada lectura reconfortante de vellos e novos libros, nas lembranzas da amizade. Sit tibi terra levis. (D. Chao). 


“Gracias, Mercedes, por tu generosidad. Por el apoyo y el estímulo. Por la inspiración constante y el optimismo a ultranza. Gracias por compartir, por tender esa mano que hace más llevadero el camino. Gracias por ser, en toda la extensión de la palabra, COMPAÑERA”. Carmen y Pepe


Alá polo ano 1988 o camiño de Mercedes e o meu cruzáronse no IES Nº 1. Para ela era o seu primeiro ano no instituto, para min o último antes  de iniciar o ilusionante periplo universitario. Durante eses poucos meses que convivimos, eu observaba diariamente a paixón coa que 
Mercedes abordaba a literatura nas aulas. Ese entusiasmo que ela  sentía era tan profundamente contaxioso que me fixo concebir a idea dunha vocación profesional que finalmente se materializou. Querida Mercedes, que fermoso sería  inspirar na rapazada ese gusto pola literatura que foi collendo forza en min ao teu carón. Non perdo a esperanza de conseguilo. Lévote no corazón, amiga; que a terra che sexa leve.


“Ricas palabras, tutorías para la vida: para todos las que pasamos por tus amenas aulas, por tus excitantes lecturas, por tus sabios consejos. Por ti. Buen viaje literario, maestra. Siempre en la memoria. Con cariño: José Elier, Diana y Manuel.”


Llueve. Es viernes. Llevo horas tratando de escribir algo que te recoja, te haga honor y exprese todo lo que has significado para mí. He liquidado unos cuantos borradores. En la mayoría, pesaba lo literario. Fuera. Y eso que, Mercedes, las dos _ creo que no me equivoco_ respirábamos mucho oxígeno en los libros. Pero, es a la vida a donde hay que lanzar más miradas: Siento una enorme gratitud y afecto hacia ti. Lamento profundamente tu partida. Sin embargo, sigues extraordinariamente viva en mi corazón. Y ese es mi consuelo. Y, tu triunfo. Avelina González Gil


Despois de 20 anos reencontreime dunha maneira directa con Mercedes hai un ano; acordábase de min e saudoume co afecto e a alegría das boas persoas. A imaxe que teño dela é sempre cabo do seu compañeiro de vida e nestes días pensei no insoportable que será que falte a metade de toda a túa vida. Recordo ter estudiado nas clases de Mercedes grandes autores e fragmentos inesquecibles. Nas súas clases aprendín o soneto de Quevedo, cun dos remates máis fermosos da historia da literatura: ‘Serán ceniza mas tendrá sentido, polvo será mas polvo enamorado’.


“Una buenísima persona y excelente profesora. Siempre dispuesta a ayudar a sus alumnos. Lo digo por experiencia propia. Gracias por todo, Mercedes.”


TI TÉS A CULPA, MERCEDES. Hai mestres que deixan en nós unha pegada indeleble. Aínda que a esa idade non o sabemos, son, en segredo, escultores que modelan con paciencia e agarimo o que seremos ou faremos no futuro. No meu caso, Mercedes Taboada é culpable de tódalas horas que lle roubo á vida para ler. Ela ten a culpa de que leve descuberto milleiros de mundos e persoaxes marabillosos nas páxinas dos libros. De todo corazón, grazas por ter estado nas nosas vidas e grazas por non renderte nunca cos que eramos un pouco máis trastes. Deixachesnos grandes leccións aprendidas e non todas viñan nos apuntes. Boa viaxe, querida Mercedes. Adolfo Nogueira


Sin lugar a dudas Mercedes forma parte de ese grupo de profesores que a pesar del paso de los años,  muchos recordaremos con especial cariño a lo largo de toda  nuestra vida. Muchas gracias Mercedes por el entusiasmo y la entrega  que le dedicabas a cada clase, gracias por la confianza que nos trasmitías para hacernos mejorar.  Antiguo Alumno de IES


Non é posible expresar en seis liñas as vivencias de catorce anos compartidos. Só queda aferrarse aos recordos para que os que xa non están permanezan nos nosos corazóns, que é tamén un xeito de seguir vivos (Julio).


Además de la tristeza por la pérdida de Mercedes,  me gustaría dejar un mensaje de agradecimiento. Es una gran suerte que en tu camino se crucen profesores como Mercedes que saben transmitir el interés y la curiosidad por la cultura y por la vida en general. Siempre recordaré los viajes que con tanto entusiasmo preparaban Mercedes y Carlos y la gran oportunidad que nos dieron de conocer ciudades, museos, obras teatrales, etc, algo que no hubiese sido posible sin ellos. Leía estos días un artículo de un antiguo alumno titulado “Profersora na eternidade”, creo que su influencia perdurará en muchos de nosotros. exalumna


Lo siento mucho, decir que nuestros primeros referentes en la vida aparte de la familia, sois los profesores. 


“Marchamos do instituto e non topamos 5 minutos para voltar a agradecer a alguns profesores o que nos axudaron a formarnos,  non so académicamente,  se non sobretodo como persoas. Mercedes, ti eras unha de esas profesoras. 30 anos tarde, Grazas. Estimote. Descansa en Paz”


Dejaste una enorme huella en todos los que hemos tenido la suerte de conocerte y, sobre todo, de tenerte como profesora. Será difícil olvidar a alguien con un corazón tan grande como el tuyo y por eso te agradecemos que hayas sido una parte inolvidable de nuestras vidas y de las personas en las que nos hemos convertido. De Leticia y Tania Payo Serafín.


De entre sus pasiones, como compañero, me gustaría destacar una, la enseñanza. Siempre intentó inculcar en su alumnado el amor por la literatura, pero yo destacaría su gran interés y preocupación por sus alumnos y alumnas, no sólo durante los años que pasaban en el instituto sino también su interés por saber cómo les iba en la vida una vez que habían terminado allí sus estudios. Le encantaba compartir con nosotros las buenas nuevas y los éxitos de los que se iba enterando, haciendo que todos nos sintiéramos partícipes de esos logros. Otra de sus pasiones era viajar, por eso hasta siempre y buen viaje Mercedes.


“Nunca se sabe hasta donde llega la influencia de los profesores de nuestra adolescencia. Pero sabemos que en tu caso nos acompañará toda la vida. Gracias por tanto.” Ayla Reinoso, Laura Piteira, Laura Darriba



Quero darlle o meu mais sentido pésame a familia. Era unha gran profesora…teño moi bo recordo dela. Unha aperta e moito ánimo .


“A Mercedes sempre a vou recordar como unha profesora e persoa estupenda, amable, preocupada, cercana… Ímola botar moito de menos. Moitas apertas e moito ánimo para Carlos.”


Alguien dixo: “un profesor  traballa para eternidade, nadie sabe predecir onde acabará a sua influencia”. A sua vocación deixou polo tanto fonda pegada, que trascende o cotidiano, e nos estimula e honra a toda o corpo docente. Bouzo


No puedo recordarte si no es a través de esos grandes autores que nos acercabas y ayudabas a entender: Lorca, Machado,…, pero si alguno me recuerda especialmente a ti y a tus fantásticas clases ese es Juan R. Jiménez. Hoy he vuelto a coger uno de sus libros después de algunos años y lo he encontrado lleno de notas, tus explicaciones, y he sonreído con nostalgia. Definitivamente no te has ido. Te has quedado en nuestros recuerdos, en tus enseñanzas, en tus consejos y en tu palabra amiga. Que El viaje definitivo te sea leve querida Mercedes. (María Pereira)


1988-89  Mi último y tu primer curso en Carballiño; me lo recordabas siempre.Nunca olvidaste a ninguno de tus alumnos. Gracias por creer en nosotros más que nosotros mismos y por el cariño demostrado a través de los años. Lo llevaremos con nosotros siempre. Isabel Filloy 


Sempre lembrarei a delicadeza e tacto que tiña para decir as cousas, era unha muller con moita intelixencia emocional. Dábase conta de todo, interesábase polas circunstancias persoais en canto existía un mal curso, notas baixas, ou calqueira outra circunstancia, porque captaba unha mirada ou comportamento distinto ao instante. Trataba a todo o alumnado por igual, era unha muller xusta e moi sensible. Hoxe non podemos evitar pensar en Carlos outro gran mestre e mellor persoa aínda, e o teu compañeiro de vida, sempre xuntos, estamos con él neste momento tan duro.Tantas e tantas xeracións que sempre te lembraremos, fai que os bos mestres como ti Merecedes, nunca marchen ata que o último dos teus alumnos o faga. Marina


La muerte de Mercedes Taboada  nos entristece a todos los que la conocimos. Y a ese dolor se añade la unión que, en un momento como éste, queremos, y debemos, tener con su marido, Carlos Fernández, todo un referente, también, en el pasado inmediato de la docencia en O Carballiño. Ambos compartieron valores, inquietudes y ese deseo, que ha de tener siempre quien se dedica a enseñar, que no es otro que el de aprender y aprender a lo largo de toda una vida juntos. A Carlos, un abrazo. A Mercedes, una nostálgica sonrisa, de cariñosa despedida que nace de un  grato recuerdo. Mucho ánimo, Carlos, guarda en tu corazón el amor que has sentido y que te valga, ahora, como consuelo. Conchita  y José Manuel


Querida Mercedes: viviches a vida con paixón pola literatura, a cal compartiches cos teus alumnos. Gracias por todo. Sempre estarás viva no meu recordo. David


Has sido la mejor tutora. Todo alumno desearía tener a una persona como tú, capaz de enseñarle que hay luz en el fondo del túnel. Hay conexiones que son para siempre, perdóname por haberme despistado al final. Un beso al cielo. Nerea González Godoy


Como madre de alumna y como compañera de trabajo ¡ que suerte haber coincidido contigo! . Tu preocupación por todos la recordaremos siempre.Un abrazo muy grande a tu inseparable Carlos. Gracias Mercedes. Queli


Nunca la vi llegar a clase sin ganas. Siempre apasionada y llena de interés en nosotros. Gracias Mercedes. Pienso en ti y te veo empezando una sonrisa, con ojos despiertos y llenos de curiosidad hacia la próxima pregunta que iba a salir de nuestras cabezas. Rocío


Non é doado escribir cando se trata da partida dunha persoa especial que deixa profunda pegada en todos nós, os que formamos parte da familia do IES Nº1. Gracias polas túas conversas comigo e polos teus sabios consellos. Ata sempre, Mercedes. Sabela


“Non chores porque rematou, sorrí porque chegou a acontecer”. Dr. Seuss.Así me sinto hoxe, aínda que triste, orgullosa de formar parte dese alumnado que tivo a sorte de pasar polas túas mans. Grazas Mercedes. Ata sempre. Carmela Hernández. 


Los que vivimos los noventa en el IES de O Carballiño tuvimos la fortuna de contar con profesores extraordinarios y entre ellos estaba Mercedes…capaz de sacar lo mejor de nosotros, no solo en lo academico, tambien en lo personal. Maestra con mayusculas, de las que te enseñan la vida, a disfrutar de sus pequeños placeres como la lectura, las artes, el teatro, y los momentos de risas en el aula. Es muy grande tu huella en nosotros, siempre en nuestra memoria. Hasta siempre Mercedes!!


Nos conocimos en C.OU., compartí tu casa de Verín. Y, ¡ quién me iba a decir que coincidiríamos como compañeras de trabajo, después de tantos años ! Nunca olvidaré el tiempo que pasamos juntas. Y, entre tus virtudes , una que no olvidaré : TU GENEROSIDAD. Tu sino fue irte antes de lo debido. Pero, nos veremos. ¡ Hasta siempre ! P.C.


A lo largo de mi vida he analizado la obra “La casa de Bernarda Alba” infinidad de veces, pero sin duda la primera vez ha sido la más increíble. Recuerdo las clases opcionales de literatura hispánica con mucho cariño, en donde Mercedes nos hizo ponernos a todos pañuelos en la cabeza mientras leíamos a Bernarda (más tarde aprendí que a eso se le llama, hacer una lectura dramatizada). Ha sido una profesora que amaba su trabajo. Todo tiene un nombre, una técnica, un aprender la forma…Pero la pasión hacia lo que haces, es algo que se tiene o no se tiene, y ella, vaya si la tenía. Gracias por tanto¡¡ ex alumna


Ao noso Álvaro non lle cadraron aulas con Mercedes no IES nº 1, pero sabiamos do seu agarimo pola docencia e sabemos que confirmou o adaxio de “bo ensinante e aquel ao que acaban superando os seus alumnos”. Lola tratouna no persoal, eu moito menos, pero sabía do seu interese pola figura de Pardo Bazán e participei hai algúns anos como ouvinte nun roteiro que dirixiu polo Carballiño “pardobaziano”, ela ao cabo de Verín, pero ben asentada como carballiñesa adoptiva e atinada coñecedora dos seus recantos literarios e históricos. Asentou na memoria de varias xeracións e aí seguirá, un privilexio ben gañado. Agarimosa aperta para Carlos e moitos azos. Lola Veleiro e Miguel Anxo Fernández


Nunca olvidaré tus ánimos desde que pisé el centro, tus consejos, tus deseos de que todo saliera bien y recuerdo que me recalcabas una frase”  compromiso por la enseñanza “.Gracias por esas palabras que desprendían cariño y compromiso, están latiendo con fuerza.DEP. Almudena Mosquera


Ha sido una suerte poder haber encontrado en las aulas a una docente tan entregada como Mercedes. Siempre recordaré los sabios consejos de la que ha sido, sin duda, una de mis profesoras más admiradas y queridas. Estefanía Obenza.


Querida Mercedes, no sabes lo triste que es que te hayas ido. Siempre te recordaré por tu amabilidad y tu cariño con todo el mundo; además de los recuerdos, de ti conservaré aquella postal de la Fragua de Vulcano de Velázquez, firmada por ti y por Carlos junto al mensaje “Ars longa, vita brevis”, que nos regalasteis cuando nos llevasteis a conocer Madrid, a enseñarnos arte. Muchas gracias, Mercedes; si algún día soy profesora, tú serás sin duda uno de mis referentes. Hasta siempre, que la tierra te sea leve. – Sheila Vázquez, exalumna.


“Hay profesores que dejan huella. Mercedes fue una de ellas. Siempre excepcional, en lo profesional y en lo personal. Gracias por todas tus enseñanzas. Guardo un bonito recuerdo del tiempo compartido dentro y fuera del aula, al igual que con Carlos. Grandes profesores y mejores personas. Alicia Vázquez Ulloa.”


Convencida estoy de que muchos alumnos, y digo alumnos y no ex-alumnos tuyos, somos hoy lo que somos gracias a vosotros. Gracias a un magnífico equipo de profesores que hicieron del Nº1, un número uno en el nivel y en la enseñanza de Galicia. Pero especialmente gracias al tándem Mercedes-Carlos. Con libros, viajes, charlas, clases…despertasteis en nosotros una curiosidad infinita, lo más importante para aprender y conocer. Sin duda, te has ido demasiado pronto. Pero, leyendo todos los mensajes de cariño que te han escrito compruebo que has dejado huella en muchos. Estoy convencida de que uno siempre existe mientras le recuerdan. Y así será. Porque, Mercedes, tú has sembrado mucho. Te recordaremos siempre, MESTRA.
Raquel Domínguez (alumna)


“Enseñar es dejar una huella en la vida de una persona” 
Gracias por la que nos has dejado a nosotras, siempre te recordaremos. 
Laura Lorenzo, María Nogueira, Mónica Hermida y Uxia Nogueira. 


A min deume clase a mediados dos 80 en Santa Comba, provincia da Coruña..hai unha eternidade! Pasados moitos anos a miña muller coñeceuna porque traballa no Carballiño e acabou falando con ela da sua etapa naquel instituto. Acordábase de min e eu tamén dela. O meu recordo dela é moi bo: sempre esixente pero calmada, firme pero tranquila…. transmitía serenidade, non necesitaba levantar a voz e sabía poñer orden e gañarse o respeto dos alumnos a base de respetarnos ela a nós.
Sentín moito o seu falecemento, e aínda que non o coñezo, gustaríame mandar un abrazo e moito ánimo a Carlos.


Mercedes, te recordaré siempre entre los pasillos de un aula de segundo de BUP intentando ayudar a tus alumnos de la mejor manera: conociéndolos uno a uno. Para mí, esa era tu mejor virtud: conocer a las personas con profundidad y con tanta sensibilidad. La Celestina me hará siempre pensar en ti y será inevitable que cuando la recuerde me venga una gran sonrisa. Gracias por todo y hasta siempre.Belén 


Era unha profesora excepcional, atenta exixente a par que flexible, preocupada non solo da formación dos seus alumnos, tamén do que nos pasaba nesa época complicada da adolescencia. 
Cando eu estaba en COU foi cando ela empezou no Instituto. Moi cariñosa, conmigo e co  grupo de literatura tuvo unha conexión moi especial. Una persoa moi especial. 


“La vida me dio la oportunidad de ser tu alumna y compañera. De ti aprendí mucho, a tu lado siempre fue todo más fácil. Generosa y luchadora hasta el final. Gracias,Mercedes. Hoy me he dado cuenta de que necesitamos más personas como tú”  Esther.


“Para Mercedes só teño palabras de agradecemento. Agradecemento por transmitirnos con paixón o seu amor pola literatura durante os tempos do instituto, e agradecemento polo aprecio e cariño demostrado nos nosos frecuentes encontros ao longo destes últimos anos. Sinto de corazón a súa marcha prematura.  A Carlos quero enviarlle unha mensaxe de ánimo. Vaia para el todo o meu afecto.
Lourdes Ledo”


“Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca…
Hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia concentrada.
Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.
Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.”
Gabriel Celaya


Querida Mercedes:

Te estaré siempre agradecida por haberme enseñado a amar la Literatura y por animarme a estudiar lo que realmente me apasionaba.
Jamás podré olvidar tu entusiasmo, tu amabilidad y el trato exquisito que me diste. Has sido, eres y seguirás siendo una inspiración para mí. Ahora me toca ser marina, poeta y pirata, igual que tú lo fuiste conmigo; y hacer que mis palabras, que son también tuyas, lleguen a otros puertos.
Gracias por todo.
Patricia Redondo


Muchas gracias Mercedes, por esa dedicación tan especial que has mantenido con tus alumnos. Descansa en paz.M. Redondo Merino. Madre de alumna



“Cuando un amigo se va queda un espacio vacio “. Asi decia a letra da canción de Alberto Cortez e asi me sinto eu querida compañeira. Que a terra che sea leve. Manuel Amil

————————————————————————————————

NOTA : Este é un espazo aberto. Calquera persona que queira mandar un mensaxe pode facelo a info@badalnovas.com