8 de febreiro: Día Internacional da Epilepsia

Desde o ano 2015 cada segundo luns do mes de febreiro conmemórase o Día Internacional da Epilepsia, un evento que busca educar ás persoas de todo o mundo sobre esta patoloxía neuronal que sofren aproximadamente 65 millóns de persoas en todo o planeta.

A intención das organizacións que ano tras ano se suman a esta iniciativa, é a de propiciar unha mellor calidade de vida ás persoas que padecen epilepsia, por medio de mellores políticas públicas, mellores servizos de saúde e sobre todo, un mellor investimento en materia de investigación para lograr desenvolver novos tratamentos que sexan moito máis efectivos e menos invasivos, como o son os fármacos que actualmente representan o tratamento fundamental no 70% dos casos e que a longo prazo xeran dependencia e nunca frean dun todo o problema.

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-internacional-de-la-epilepsia

Publicidade Premer na Imaxe