Curiosidades, Utilidades… do 17 ao 23 febreiro

martes 18 de febreiro : “Día internacional do sindrome de Asperger”

Publicidade

xoves 20 de febreiro: “Día internacional do gato “

xoves 20 de febreiro: “Día internacional da pipa “

xoves 20 de febreiro: “Día internacional da Xustiza Social “

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

17 de febreiro:1836
Nace en Sevilla Gustavo Adolfo Becquer, poeta español e unha das figuras máis importantes do romanticismo. A súa lírica caracterizarase por ser intimista e expresada con sinxeleza e sinceridade. Morrerá aos 34 anos de idade por mor dunha tuberculose
1817
Nace en Bruselas, Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk van Oranje- Nassau, coñecido como Guillermo III dos Países Baixos que será rei dos Países Baixos e Gran Duque de Luxemburgo entre 1849 e 1890

1781
En Quimper, bela localidade da Bretaña francesa, nace René Laënnec que será médico francés e por mor da vergoña que sentirá ao achegar o seu oído ao peito das pacientes, en 1816 creará un cilindro de madeira de 30 cm de longo, orixe do estetoscopio.

18 de febreiro: 1898
En Módena, Italia, nace o que será fundador en 1929 da Scuderia Ferrari e máis tarde da marca de automóbiles Ferrari, Enzo Ferrari. Baixo a súa dirección (1947-88) a marca automobilística Ferrari gañará máis de 5.000 carreiras en diversas categorías e obterá 25 títulos de Campionatos do Mundo
1745
Na Lombardía italiana, nace Alessandro Volta, físico italiano, que será coñecido sobre todo porque desenvolverá a pila eléctrica. A unidade do Sistema Internacional de potencial eléctrico, chamarase voltio na súa honra
1516
En Greenwich, Inglaterra, nace María Tudor, que reinará Inglaterra e Irlanda desde 1553 hasta su muerte en 1558, bajo el nombre de María I
19 de febreiro: 1473
En Thorn (Polonia) nace Nicolás Copérnico, considerado o pai da astronomía moderna. Copérnico estudará Humanidades na Universidade de Cracovia e Dereito Canónico na de Bolonia e será o primeiro astrónomo en suxerir que a Terra e os demais planetas orbitan ao redor do Sol, cando todos os demais astrónomos manteñen á Terra como centro do Universo. O seu libro “Sobre as revolucións das esferas celestes”, será publicado en 1543, ano da súa morte, polo que nunca saberá o gran balbordo que causará na humanidade. En 1616 será considerado libro herético pola Igrexa ao dar a coñecer a teoría heliocéntrica que revolucionará a astronomía da súa época

20 de febreiro: 1951
Nace en Glasgow (Reino Unido) Gordon Brown, que será primeiro ministro de Gran Bretaña a partir de xuño do 2007 ata xuño de 2010 polo Partido Laborista.
21 de febreiro: 1817
Nace en Valladolid (España), o dramaturgo e poeta español José Zorrilla, autor da afamada obra “Don Juan Tenorio”, onde nunha Sevilla de 1545, que vive os últimos anos do rei Carlos I de España, narra o mito de Don Juan
1794
Vén ao mundo en Jalapa, México, o militar, político e ditador mexicano Antonio López de Santa Anna, que asumirá a presidencia do seu país en 11 ocasións
22 de febreiro1900
Nace en Calanda (Teruel, España), Luís Buñuel, cineasta español.
1857
Nace en Hamburgo (Alemaña), o físico alemán Heinrich Hertz, descubridor do efecto fotoeléctrico e da propagación das ondas electromagnéticas no espazo.
1788
Nace en Danzing (Alemaña) Arthur Schopenhauer, filósofo alemán. Será autor do coñecido ensaio “O mundo como vontade e representación”
1732
En Wakefield (actual EE. UU.) nace George Washington que será o primeiro presidente da Unión. Durante o seu goberno (1789-1797) a prudencia, a sensatez e o respecto ás leis, serán as notas dominantes do seu mandato
23 de febreiro1685
Nace en Ache (Alemaña), o compositor, nacionalizado inglés, George Friedrich Haendel, figura destacada da música do barroco tardío. Entres as súas moitas e exquisitas obras talvez caiba destacar “O Mesías”
1633
Nace en Londres (Reino Unido) Samuel Pepys, que será administrador naval e membro do parlamento inglés, soado sobre todo polo seu Diario escrito entre 1660 e 1669, que será unha das fontes primarias máis importantes do período da Restauración inglesa, na que narrará importantes sucesos da época tales como a Gran Peste de 1665 ou o Gran Incendio que arrasou Londres en 1666, así como intrigas palaciegas ou pormenorizadas descricións da vida cotiá e da súa propia existencia doméstica.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

17 de febreiro: 1909
Na reserva india de Fort Sill, en Oklahoma, Estados Unidos, morre Gerónimo, gran guerreiro e xefe da tribo apache dos chiricahuas de América do Norte que destacou durante os enfrontamentos entre o pobo apache e as autoridades de Estados Unidos e México.
1680
Falece en Ámsterdam (Países Baixos) o anatomista e zoólogo holandés Jan Swammerdan, que observou por primeira vez os glóbulos vermellos do sangue.

1673
En París (Francia) falece no escenario o actor e comediógrafo Jean Baptiste Poquelin, máis coñecido polo seu pseudónimo Moliere mentres representa a súa última obra saída da súa pluma “O enfermo imaxinario”. Outras coñecidas obras súas son: ” Tartufo”, “Don Juan”, “O misántropo”, “O médico a paus”, “O avaro” e “O burgués xentilhome”
18 de febreiro: 1564
Morre en Roma, Italia, Michelangelo dei Lodovico Buonarroti, arquitecto e pintor italiano renacentista, considerado un dos máis grandes artistas de todos os tempos tanto polas súas esculturas como polas súas pinturas e exquisita obra arquitectónica
1546
En Eisleben (Alemaña), falece Martín Lutero, monxe agostiño e reformador relixioso alemán. A súa exhortación para que a Iglesia volvese aos ensinos da Biblia impulsou a transformación do cristianismo e provocou a Contrarreforma
19 de febreiro: 1997
Falece en Pequín (China) Deng Xiaoping, político chinés e líder da República Popular China, que introduciu importantes reformas económicas para o seu país en 1978
1951
Morre en París, Francia, o escritor e Premio Nobel de Literatura en 1947, André Gide, defensor dos dereitos dos homosexuais. Un ano despois da súa morte, a Igrexa católica incluirá os seus libros no Índice de libros prohibidos. Foi inspiración para escritores como Sartre ou Camus

20 de febreiro: 1920
Falece en Washington (EE. UU.) Robert E. Peary, explorador estadounidense e primeiro en chegar ao Polo norte, o 6 de abril de 1909, aínda que hoxe esta fazaña expón certas dúbidas.
1790
Falece en Viena (Austria) o emperador do Sacro Imperio Romano Germánico, José II, que comezou a reinar xunto á súa nai en 1765, pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780, á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia.
21 de febreiro1965
Mentres dá unha conferencia na sala Audubon de Manhattan (EE. UU.) resulta asasinado Malcolm X, que defende conceptos de orgullo racial e nacionalismo negro. Pouco despois da súa morte, poñerase á venda a súa autobiografía, o que lle converterá nun heroe ideolóxico
1934
Nos arredores de Managua, pola noite cando regresa da Casa Presidencial tras falar co presidente Sacasa, Augusto César Sandino resulta asasinado por soldados da Garda Nacional de Nicaragua, que seguen ordes directas de Anastasio Somoza. Dous anos máis tarde, Anastasio Somoza, farase co poder do país, tras derrocar ao presidente Sacasa, o seu tío político
1677
Falece na Haia (Países Baixos) o filósofo holandés Baruch de Spinoza, un dos grandes “racionalistas” do século XVII xunto ao alemán Leibniz e ao francés René Descartes. A súa filosofía pretende unha reforma do entendemento, a relixión e a política
22 de febreiro1987
Como consecuencia dunha operación de vesícula biliar, morre nun hospital de Nova York, EEUU., o artista estadounidense Andy Warhol que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do Pop Art.
1939
Morre no seu exilio de Colliure (Francia) o poeta español, Antonio Machado, membro da Xeración do 98. Obras coñecidas súas son “Campos de Castela” e “Soidades”
1913
En México, pola noite, o presidente Francisco Madero, tras ser obrigado a asinar a súa renuncia e a pesar da promesa dos golpistas de respectar a súa vida e facilitar o seu exilio á illa de Cuba, e o vicepresidente José María Piñeiro Suárez, son sacados de Palacio Nacional para trasladalos por separado á penitenciaría do Palacio Negro de Lecumberri. Nas proximidades da prisión, Cecilio Ocón, un partidario de Félix Díaz, cun grupo de xendarmes, simula un ataque aos automóbiles en que viaxan os prisioneiros. Con esta escusa, son baixados a fume de carozo dos coches e asasinados polos axentes que os custodian.
1512
Falece en Sevilla (España), Américo Vespucio, navegante e descubridor italiano ao servizo da coroa de España, cuxo nome servirá para denominar o continente recentemente descuberto, América.

23 de febreiro 1855
Morre en Göttingen (Alemaña), o matemático, astrónomo e físico alemán Johann Carl Friedrich Gauss, que contribuíu de forma decisiva en moitos campos da ciencia, incluída a teoría de números, a análise matemática, a moderna xeometría diferencial, a xeodesia, o magnetismo e a óptica.
1848
Falece en Washington D. C. (Estados Unidos), John Quincy Adams, que foi o sexto presidente do seu país (1825-1829) e á súa vez era o fillo maior do presidente John Adams, segundo presidente de EE. UU

SANTORAL

17 de febreiro: Alejo de Falconieri, Bonfiglio, Bonajunta, Amideo, Sosteneo, Lotoringo, Ugocio, fundadores de los Servitas; Faustino, Policromio, Silvino y Benedicto, Eutropio, obispos; Teódulo, Donato, Secundiano y Rómulo, mártires.
18 de febreiro: Simeón, obispo de Jerusalén; Flaviano, Eladio, obispos; Claudio, Alejandro, Cucias, Lucio, Rótulo, Clásico, Máximo, Prepedigna, Silvano, Secundino, Frúctulo, mártires; Constancia, Atica, Artemia, confesores.
19 de febreiro: Agatón, papa; Zambdas, Casiano, Barbato, Mansueto, Quodvultdeus, obispos; Gabino, Publio, Julián, Marcelo, mártires; Conrado, Eugenio, Beato (de Liébana), Confalonieri, confesores; Dositeo, monje; beato Álvaro de Córdoba.
20 de febreiro: Tiranión, Silvano, Peleo, Nilo, Eleuterio, Sadot, León, Euquerio, obispos; Dídimo, Potamio y Nemesio, mártires; Zenobio, presbítero
21 de febreiro: Pedro Damián, obispo y doctor; Maximiano y Severiano, Félix, Gundeberto, Paterio, Antimo, obispos; Zacarías, patriarca; Randoaldo, monje; Vérulo, Félix, Secundino, Saturnino, Fortunato, Siricio, Sérvulo, Claudio, Sabino y Máximo, Pedro Mavimeno, mártires; Leonor, reina; Irene y Vitaliana, vírgenes
22 de febreiro Cátedra de San Pedro. Santos: Papías, Abilio, Pascasio, obispos; Eugenio y Macario, mártires; Margarita de Cortona, Aristión discípulo del Señor, Rainiero, confesores.
23 de febreiro Policarpo, obispo y mártir; Celso, Félix, Ordoño, obispos; Primiano, Florencio, confesores; Lázaro, Antonio, monjes; Romana, Milurga, Marta, vírgenes; Sereno (Sireno) monje y mártir; beata Rafaela Ibarra, fundadora de las RR. de los AA. Custodios.