1 de abril : día das Artes Galegas

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no ano 1849, creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensinos en prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais . Órgano consultivo da administración e desde o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ao Instituto de España das Academias.

Publicidade

VIDEO

O “DÍA DÁS ARTES GALEGAS”
A Real Academia Galega de Belas Artes en sesión do 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día dás Artes Galegas”. Elección en recordo desa mesma data do ano 1188 e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os dinteles do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron; tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Ata o de agora os primeiros homenaxeados foron:

  • 2015 Maestro Mateo
  • 2016 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  • 2017 Maruja Mallo
  • 2018 Alejandro de la Sota
  • 2019 Luís Seoane
  • 2020 DEDICADO ao ARQUITECTO BARROCO DOMINGO DE ANDRADE
    En sesión ordinaria celebrada o 29 de xuño de 2019 o plenario decidiu elixir a candidatura do arquitecto barroco Domingo de Andrade para a celebración do “Día dás Artes Galegas 2020”.
  • 2021 Debido a pandemia tamén se adica a DOMINGO DE ANDRADE

Fillo de labradores acomodados e de orixe fidalga, o seu pai exerceu como xuíz nas xurisdicións de Vimianzo, Mens e Cee. Domingo de Andrade, en 1654 comezou os seus estudos na Universidade Compostelá en aínda que os abandonou tras unha enfermidade. En 1668 casou con Isabel Areas Canosa con quen tivo 10 fillos, 5 dos cales faleceron antes de chegar á adultos sendo os outros, dous franciscanos en Santiago e tres agustinas en Lugo e Betanzos. En 1699 Domingo de Andrade ordenouse como presbítero ao quedar viúvo

PUBLICIDADE