Despois do parón de Semana Santa o Cine Club reanuda esta fin de semana as proxección habituais, neste caso cunha película considerada por moitos como unha obra mestra. “Deseando amar”, de Wong Kar-Wai, é unha fermosa e triste historia de amor ambientada no Hong Kong do ano 1962.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María, o venres día 9 de abril ás 19:00 horas en versión dobrada ao castelán e o domingo 11 de abril en VOS, neste caso ás 19:30 horas, cambio motivado pola actividade do auditorio.