Retrasmisión en directo do PLENO do Carballiño

VIDEO Premer na Imaxe

A corporación do concello do Carballiño celebrará a sesión plenaria que correspondería o mes de marzo hoxe mércores a partir das 09:00 horas. Poderán seguila en directo a través da retransmisión de Badal Novas. Entre os puntos da orde do día atópase a aprobación definitiva dos orzamentos, logo de revisar as alegacións; a modificación do regulamento de distincións; a aprobación da proposta do escudo e da bandeira oficiais do concello e crearase a mancomunidade de usuarios de augas.

Nesta sesión tamén se debaterán as propostas de inversión previstas como gasto a cargo do remanente cun importe total de 2,7 millóns de euros.

Publicidade Premer na Imaxe

Esta sesión prevese que será a última de longa duración, xa que no próximo mes xa se debería implementar o regulamento de plenos con control de tempos e de puntos da orde do día.