A campaña de verán da Xunta inclúe ocio seguro para persoas con discapacidade no Carballiño

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe os usuarios do campamento que se desenvolve na Residencia de Tempo Libre do Carballiño destinado a persoas con discapacidade.

Publicidade

Este campamento acolle desde o pasado 27 de xullo ata o 5 de agosto quince persoas con discapacidade de entre 19 e 45 anos que desfrutan dun amplo programa de actividades relacionadas coa  educación ambiental e cos hábitos saudables.

Nesta convocatoria ofrecéronse 185 prazas en tres instalacións en Bergondo), en Panxón e no Carballiño.  Nestes tres espazos, un total de 185 persoas de entre 11 e 45 anos teñen a oportunidade de realizar actividades ao longo de 12 estadías diferentes.