O Arenteiro comeza a tempada perdendo por 1-0 diante do Arosa

O equipo de Fran Xusto caeu na Lomba ante o Arousa por 1-0 nun partido con poucas ocasións.

Publicidade

O partido decidiuno unha xogada de estratexia pasada a media hora. Foi tras un saque de esquina que rematou Pedro García, case en semifallo, pero que terminou entrando na portería defendida por Diego García.

O partido tivo emoción e intensidade con un desgaste fisico importante por ambos equipos.

O partido comezou con máis control do Arenteiro, que foi mellor a primeira media hora do choque. Sylla tivo un remate de cabeza estando só que mandou fóra e Renan probou fortuna desde o bordo da área e que parou o meta local. O resto, saques de esquina ou balóns colgados nos que as defensas de ambos os equipos impoñíanse sen maiores problemas.

O técnico ourensán valorou a derrota do seu equipo: “Foi un partido trabado e con pouco ritmo no que eles se encontrron cun gol e aínda que tentamos darlle a volta, faltounos acerto”. E recoñecía que aínda que mereceron máis,”a xustiza ou non de merecer máis agora xa non vale para nada. Eles marcaron un gol, nós non e iso é o que vale. Tócanos seguir traballando para mellorar no próximo partido”.

PREMER NAS IMAXES 

3ª DIVISIÓN   Resultados e Clasificación

RESULTADOS – CLASIFICACIÓN

C D Arenteiro Datos