O C.D. Arenteiro abre a venda de entradas online para o partido deste domingo

O C.D. Arenteiro xoga de novo esta fin de semana, neste caso fronte o Salamanca C.F., o próximo domingo, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal de Espiñedo.

Publicidade

O club anunciou hoxe o comezo da venta online de entradas dende esta mañá, no apartado “venda de entradas” da páxina web www.cdarenteiro.es . Hai dous prezos a escoller, o xeral de 15 € e o infantil, de 8€ para xente de 15 anos ou menor. As entradas van nomeadas, e pódese pedir o DNI para comprobar a idade. As entradas pódense imprimir o ensinar no teléfono móbil.

A taquilla abrirase o día do partido para que poidades comprar as vosas entradas no campo tamén.

A Terceira División comeza a liga esta fin de semana. Na nosa contorna celebrarase o encontro do Atlético Arnoia fronte ó Arzúa, o domingo ás 17:00 horas, no campo Municipal do Viso.

E xa pasando a un amistoso polas festas da Virxe da Saleta, o Cea fronte ó Sporting Carballiño, este domingo ás 19:00 horas no campo municipal de Cea.