O C.D. Arenteiro enfróntase na quinta xornada de liga ó Pontevedra C.F.

Este domingo, día 3 de outubro, o C.D. Arenteiro xoga a quinta xornada de liga fora da casa. Neste caso, o encontro será fronte ó Pontevedra C.F., ás 17:00 horas, no Estadio Municipal Pasarón.

Publicidade

Para a compra de entradas, deberase facer na taquilla do propio estadio, non se farán reservas previas xa que haberá espazo suficiente para todos.

E ademais, no eido deportivo, os aforos xa poderán ser do 100% de ocupación dos estadios, medida tomada pola Federación Española de Fútbol e abalado polas concellerías de sanidade autonómicas.