Retrasmision en directo do Pleno no Carballiño

VIDEO Facer clic na Imaxe

Hoxe xoves, ás 09:15 horas, a Corporación do concello do Carballiño reunirase en sesión plenaria, a correspondente ó mes de setembro e logo de dous meses de parón. Neste pleno debátese a conta xeral do 2020 e as ordenanzas fiscais, nas que se aprobará unha suba do 2,7% en taxas municipais salvo no imposto de bens inmobles e de circulación. Os grupos da oposición critican que non é o momento de facer esta suba pola situación económica xeral das familias e tamén presentan algunhas propostas.

En canto ás mocións da oposición, por parte do Partido Popular pídese que o concello se faga ca titularidade da estrada de Ribadavia e da eira do final da rúa Tomás María Mosquera.

Publicidade Premer na Imaxe

Por parte de Espazo Común piden unha subvención para as familias para axudar co gasto da factura eléctrica á alza. E tamén piden claridade ca creación do novo centro de saúde.

Por parte do BNG centran as súas peticións no servizo de conciliación Bo Día Familia e na oferta de actividades extraescolares.