Cese de Susana Fernández Pousa como tenente alcalde do Concello de Beade

Hoxe o BOP publica o cese de Susana Fernández Pousa como Tenente Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local, sendo substituida por Adán Formigo Sánchez como tenente alcalde e por María José Rodríguez Díaz na Xunta de Goberno Local

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

En cumprimento do disposto na Lei de Administración local de Galicia e o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, a Alcaldía, con data 1 de
setembro de 2020, ditou a seguinte Resolución:
” Tendo en conta as atribucións conferidas a esta Presidencia polo artigo 61.2 da Lei 5/97, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, en concordancia co artigo 46.1 do ROF, en
materia de cesamento e nomeamento de tenentes de alcalde da Corporación municipal, acordei:
a) Cesar como primeira tenente de alcalde da Corporación de Beade a dona Susana Fernández Pousa.
b) Nomear como primeiro tenente de alcalde a don Adán Formigo Sánchez.”

En cumprimento do disposto na Lei de Administración local de Galicia e o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, a Alcaldía, con data 1 de
setembro de 2020, ditou a seguinte Resolución:
“Por esta Presidencia procede, de acordo co establecido no artigo 65 da Lei 5/97, de 22 de xullo, da Administración local de Galicia, en concordancia co artigo 52 do ROF, o nomeamento
e o cesamento dos membros da Xunta de Goberno Local.
Con base nisto, acordei,
a) Cesar como membro da Xunta de Goberno Local a dona Susana Fernández Pousa.
b) Nomear membro da Xunta de Goberno Local a dona María José Rodríguez Díaz.”