O C.D Arenteiro xoga fronte o Leganés, e o Sporting contra o Maside

IES CHAMOSO LAMAS

O C.D. Arenteiro quere sumar tres puntos e loitará por esa meta esta fin de semana no Espiñedo, na oitava xornada de liga. Logo do empate en Móstoles, agora buscan resarcirse, tamén fronte ós madrileños, neste caso o Leganés. O encontro será este sábado, ás 16:30 horas. Dende a directiva amósanse satisfeitos ca evolución do equipo nesta nova experiencia da Segunda Federación.

Ademais, outros dous equipos da nosa contorna enfrontaranse entre eles. Falamos do Sporting Carballiño e o Maside, ambos estrearon a tempada a pasada fin de semana cunha derrota e promete ser un duelo entre equipos veciños. O encontro será no campo de Outeiro Grande, o domingo, ás 18:15 horas.

HIPER MASIDE

O Atlético Arnoia enfrontarase este domingo ó Real Villalbés, ás 17:00 horas no estadio da Magdalena, en Villalba, Lugo.