Victoria para o Arenteiro, empate no Outeiro Grande

Boas novas esta fin de semana para o C.D. Arenteiro, ca primeira vitoria desta tempada. Os de Fran Justo impuxéronse ó Leganés B, logo de varias xornadas nas que primou o empate. Un gol de Adrián Cruz no minuto 23 foi o que decidiu o partido, e deu os tres puntos ós verdes no Espiñedo.

O derbi do Sporting Carballiño fronte o Maside no Outeiro Grande repartiu os puntos. Os anfitrións dominaron o xogo pero so conseguiron o empate 1-1.

O Atlético Arnoia, por outra banda, sufriu máis. Pola contra que noutras xornadas, o Racing Vilalbés foi o claro dominador do encontro e deixaron un marcador 4-0, cunha goleada en contra dos do Ribeiro.

Publicidade Premer na Imaxe