Fin de semana de fútbol. Consulta aquí as citas na nosa contorna

IES CHAMOSO LAMAS

Coma cada fin de semana, o fútbol será o predominante no eido deportivo. O Arenteiro xoga este sábado, día 30, ás 17:00 horas. Neste caso será fora da casa, fronte ó Bergantiños, trasladándose ó campo das Eiroas, en Carballo, A Coruña.

O Sporting Carballiño xogará este domingo, día 31, ás 16:30 horas. Enfrontarase ó Melias, neste caso na casa, no campo da Uceira.

HIPER MASIDE

O Maside tamén xoga este domingo, ás 16:30 horas. Neste caso enfróntase á Peroxa, no campo do Marco, fora da casa.

E tamén o domingo, o Atlético Arnoia, que se enfrontará ás 16:30 horas ó Noia, na casa, no campo da Queixeira.