Fin de semana de fútbol. O Arenteiro enfróntase mañá ó Arosa

Publicidade ASPADISI

Como cada fin de semana, o fútbol será o protagonista na nosa contorna. O C.D. Arenteiro volve ó campo logo dunha semana de descanso para xogar a 18ª xornada. O encontro será mañá sábado día 22, no campo do Espiñedo, fronte ó Arosa, ás 19:00 horas.

O Sporting Carballiño xogará este domingo, día 23, fronte ó Melias, no campo de Abelleira, ás 16:30 horas. O Maside tamén xogará o domingo, ás 16:00 horas, fronte ó Peroxa, no Outeiro Grande. O Atlético Arnoia tamén xogará o domingo, ás 16:30 horas, fronte o Arzúa, na casa, no campo da Quixeira.

HIPER MASIDE