12 de febreiro : ” Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado”

IES CHAMOSO LAMAS

O 12 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado, unha data para lembrar aos nenos que cada día son recrutados para participar en conflitos armados.Celebrase desde 2012

Como o de República Centroafricana, onde polo menos 3.500 nenos están relacionados con grupos armados, aínda que a cifra podía ascender a 6.000.

OZOCOgz Deseño Galego

No país “hai moitos grupos armados que recrutan nenos”, conta Ismael Beah, neno soldado en Serra Leona, e agora defensor de UNICEF dos nenos afectados pola guerra.

UNICEF traballa para liberalos e reintegralos nas súas comunidades. É unha tarefa difícil, porque grupos como a Convención de Patriotas pola Xustiza e a Paz ou o Exército de Resistencia do Señor teñen unha presenza forte nos poboados de República Centroafricana.

Por iso os nenos “senten fortemente vinculados” a estas forzas, segundo explica Evelyn Zembea, traballadora social.

Máis información en : https://www.unicef.es/

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

12 de febreiro: 1888
Nace en Madrid (España) Clara Campoamor, avogada e política pioneira do feminismo, por tanto firme defensora dos dereitos da muller pola igualdade e principal impulsora do dereito ao voto feminino en España, aprobado en decembro de 1931, e exercido por primeira vez polas mulleres nas eleccións de 1933. Morrerá exiliada en Suíza en 1974
1882
Nace en San Petersburgo (Rusia) Anna Pavlova, unha das máis destacadas bailarinas de ballet clásico de todos os tempos
1809
Nace no Condado de Hardin (EE. UU.) Abraham Lincoln, décimo sexto presidente de Estados Unidos (1861-65), loitará na Unión durante a Guerra Civil Americana, e logrará a emancipación dos escravos, será un defensor elocuente da democracia e antepoñerá á súa persoa o seu anhelo de unidade nacional.
1809
Nace en Shresbury (Reino Unido), Charles Darwin, biólogo e creador da teoría evolucionista das especies, onde afirmará que o individuo mellor adaptado ten máis probabilidades de saír vitorioso na loita pola existencia
1637
Nace en Ámsterdam (Países Baixos) o anatomista e zoólogo holandés Jan Swammerdan, que observará por primeira vez os glóbulos vermellos do sangue.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

12 de febreiro: 1984
Morre na cidade de París, Francia, o escritor e intelectual arxentino Julio Cortázar, autor de obras inmortais como “Bestiario”, “Historias de cronopios e de famas” e “Rayuela”. Renovou o xénero narrativo, poñendo especial coidado no conto breve
1804
Falece en Köenisburg (actual Rusia), Imanuel Kant, filósofo alemán cuxa obra clave é “Crítica da razón pura”
1554
En Londres, Inglaterra, é executada, por orde de réina María I Tudor, a moza de 16 anos Jane Grey, que fose raíña de Inglaterra por uns poucos días, do 6 de xullo ao 19 de xullo de 1553. A pesar de morrer a tan temperá idade, considéralla, sen ningunha dúbida, unha das mulleres máis cultas da súa época.

SANTORAL

12de febreiro: Eulalia de Barcelona, virgen y mártir; Modesto, Cándido, Damián, Julián, Ammonio, mártires; Melecio, Antonio, Benedicto, Gaudencio, obispos; Anastasio, monje. Santa Pamela.